Vlrñ
Sucédense os días en Vlrñ ( abreviatura no Whatsapp de Vilariño ) entre paseos.
Pizzas.
Dar de comer aos parrulos.
Observar fauna mariña e outra difícil de clasificar.
Retratar estampas mariñeiras.
Luitar contra a marea con muros e castelos.
Rescatar flotadores que guinan ou van á deriva.
Baixo un ceo azul.
Ou mesmo gris e case fuxindo dunhas pingas de chuva.
E todo isto coas inexcusables idas e vindas ao choio.
Etiquetas: viaxes III
3 comentarios:
Boa estancia na miña terra! (aínda que eu son máis de Ría adentro ;-) )
Pasádeo ben.
unhas fotos que complementan moi ben todo o que contas: unha imaxe prácida e tranquila do vrao.
Estiven en Vilariño unha finde na casa dunha amiga que vivía alí. E esas imaxes lémbranme aqueles días.
Eu estiven (estou) con obras no apartamento, e fun vivir á casa da aldea (a 100 km.), non puiden coller as vacacións todas, así que o resto dos días andiven coma unha homeless, de acollida na casa de familiares.
Agora está case todo rematado, o referente á reforma, pero as miñas cousas andan todas pola medio e non sei onde está nada, ducias de lavadoras sen poñer, e indo aos chinos mercar cousas do cotiá porque non sei en que caixas están metidas as que tiña
:( como ves, un vrao nada prácido. Incluso moitos días dos que pasei na aldea, fóronse en traballos atrasados na eira, que xa sabes que nas casas de aldea, sempre hai que facer.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio