leoeosseus

mércores, 19 de agosto de 2015

Día complicado


Hoxe facía una tarde preciosa e decidimos ir á praia de Vilariño e a tarde foi máis ou menos ben: bo tempo e auga tépeda. Houbo un momento que Leo quixo ir ao baño e alá fomos anque chegamos un pouco tarde. Pero o pior foi a volta á praia que Xela desaparecera. Alá nos tocou buscala dun lado a outro e foron uns minutos que deron para pensar de todo e non precisamente bo. Ao final apareceu na punta da dereita da foto e nós estabamos no medio. Resulta que quedara con Naideleo e, xogando, tiroulle Xela area por riba. Naideleo díxolle que tivese cuidado e Xela pediu perdón. Naideleo non se enteirou entón Xela encomodouse e marchou andando ata a punta da praia.
Bueno, foron uns minutos para esquecer pero non cairá esa breva.
Logo fomos polo coche que non estaba mui ben aparcado pero seguía no sitio e logo tocou apandar a caravana de volta.
Menos mal que o día remata nuns minutos.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 21:06, 22/08/15 , Anonymous peke dixo...

Eses sustos son a repera. :(

 
Ás 10:36, 10/09/15 , Blogger Zeltia dixo...

vaia susto! a auga, os pedófilos... pensar no asustada que staría a nena... uff

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio