Domingo por Monçao
Hoxe acercámonos a Monçao a comer pasta e pizza nun sitio mui agradable chamado " Mangiare di Roma ", de bo servizo e comida exquisita que merece bastantes repeticións. Anque non agora que empezan mañá coas vacacións como case todo en Monçao.
Tomamos logo un café e non puiden evitar refotar unha foto que tiñan na parede.
Logo apareceu un tren turístico. Os nenos querían ir e montei con Xela, Leo e o curmánF.
O tren percorreu Monçao arredor das murallas, pola zona do balneario e o parque do río e subiu pola antiga estación de tren e tirou a Salvaterra de Miño. No tren pasámolo ben saudando á xente da rúa e as terrazas. Eu tiven a sorte de ter detrás a dúas señoras portuguesas que non paraban de falar entre elas dos sitios por onde pasabamos e así aprendín algunha curiosidade e detalles nos que non me fixara eu en Galicia. A elas sorprendíalles que estivese fechado todo en España o domingo " Até o Corte Inglés ! " e que os edificios tivesen nome: pasamos por un " Illa de Ons " e enfrente estaba " Andrómeda ".
Pasamos polo parque da Canuda en Salvaterra e descubrín a estatua dun esquelete de lamprea que non coñecía.
De alí tocou voltar a Monçao e retirarnos que viña a chuvia.
Metémonos no Outlet de Tui e non sabiamos que había tanta xente un domingo porque nunca imos nese día. Esta visita si que non a repetimos.
E agora toca durmir que mañá hai que madrugar.
Etiquetas: curiosidades XIII
2 comentarios:
Monção, no Minho? É uma terra muito bonita.
Um abraço e uma boa semana
Non se pode dicir que desaproveitarades o día!
Non coñezo MonÇao. Non coñezo casi nada. Vós movédesvos moito. A min dame preguiza conducir máis de 100 km. en excursións destas dun día. Non me gusta madrugar e, claro, buscas onde comer, paseas un anaquiño e o día pásase e xa hai que voltar :(
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio