Empeza a fin de semana
Despois de reservar o novo dormitorio de Leo tiramos para a praia para pasear e gozar do solpor sobre as illas Cíes.
Fotografei o tobogán do Di San Remo antes de que o boten abaixo un día calquera.
Paseamos e volvemos ao Di San Remo a cear algo anque non o arroz con lumbrigante. Resultoume curioso que non puxeran o nome do prato en galego e si en idiomas coma o basco ou o hebreu. Nin sequera o puxeron en portugués que sería " arroz com lavagante ".
Empezaba a noite e soaba música no ambiente.
Pasou unha limusina con mulleres que supomos ían nunha despedida de solteira.
Era hora de retirarse. Está claro.
Etiquetas: curiosidades XIII
4 comentarios:
Cómpre volver á rutina. E os nenos medran. Mimá!!! :D
bonitas imagens.
Um abraço e bom fim de semana
Pudeches probar que o mellor facíanche sitio na limusina, he, he!!
mira o raposo, hahaha, non creo que houbese sitio para os nenos!
pois non coñezo ese, parece ser, restaurante pintoresco e histórico na zona que, polo visto, van botar abaixo. (no próximo que abran, igual inclúen o galeo nas súas pizarras)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio