leoeosseus

martes, 29 de setembro de 2015

Misterio en castrapio


Camiñando sempre se atopan curiosidades e misterios. O mes pasado topei esta pintada nunha marquesina de autobús. Xa estaba case borrada pero aínda se intúe a mensaxe que vou tratar trascribir:
" ( H )ai moita ladra a roubar luesas ?? y destruir matrimonios y queferas ? ".
Aí queda esa mensaxe en castrapio e cun par de palabras que non se entenden pero que dá para unha historia de celos ou de terror.
Se alguén me axuda a descifrar as palabras quedaría todo máis claro.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 29/09/15, 11:42 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois inda botei un bo anaco intentando descifrar esas dúas palabras, pero non fun quen.
historias cotiás en lugares comúns.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio