Nove anos ( e máis un día )
O Leo fixo hoxe os nove anos. Non quixo festa cos compañeiros e non a tivo. Máis adiante invitará a uns cantos ao cinema cando sexa a estrea de " Hotel Transylvania 2 ". Iso si, soplou unha candea onte e outra hoxe.
Hoxe fomos cos amigos de Marín e do Irixo a un sitio en Bueu onde xantamos ben despois de mirar a danza das espadas de Marín. O restaurante está á beira da praia de Agrelo en Bueu e estivemos alí pasando a tarde cunha boira que metía frío pero os nenos enredaron coa area e a auga de igual maneira. O día rematou en Vilaguindastre coas festas e os seus coches de choque e inchables.
Etiquetas: leo X
3 comentarios:
Parabéns ao Leo. Um belo rapazinho, cujo crescimento acompanhei aqui mesmo. E parabéns também para
vós. Um abraço e uma óptima semana
Parabéns.
que maior vai o leo... en nada xa nos bota bigote
vexo que pasastes un día agradable que deu para moito. (non puiden entrar no enlace, pero é o servidor proxy que me rexeita a conexión)
Moitos parabéns a Leo, dille que xa boto do menos un conto seu.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio