leoeosseus

domingo, 6 de setembro de 2015

Sen turistas


Estamos en setembro e os turistas marcharon.
Quedan uns días de bo tempo para pasear polos arredores mentres os nenos non empezan co cole e as actividades.
Así estamos por Vigo paseando polo porto e o Areal e con Xela agabeando pola estatua de Xulio Verne.


En Pontevedra, a boa vila, paseamos pola Xunqueira co seu parque de madeiras gordas e cordas e a illa das esculturas co labirinto, a casa sen portas e a casa de herba dos tres porquiños.


Ata hai sitio para aparcar na praia de Cesantes no sábado.
A marea estaba baixa e afundiamos os pes no limo. Ata fomos andando á estatua do buzo e o capitán Nemo.
Na foto está o noso coche co parasol do grandísimo Davila.


Ata Vilaguindastre nota a baixada de turistas e peregrinos.
Aquí están os nenos á beira da porta da estación do metro feita por Palacios.
A ver canto dura este tempo !.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 06/09/15, 14:14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui o tempo mantém-se bom. As temperaturas baixaram, no domingo passado estiveram 38 graus, hoje estão 27, mas para amanhã já se anunciam 30 graus. Os filhotes estão lindos. O Leo está um matulão, quase a entrar na adolescência.
Um abraço e uma óptima semana

 
Ás 10/09/15, 11:06 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Gustoume moito ver as fotos, o pequeno relato que as acompaña. Esa vida cotiá que leva o segredo da felicidade. Cando eu era nova pensaba que onde andiveran emocións e viaxes e xente fóra do común que se quitara o demáis. Pero agora, camiñando polo final da década dos 50, o que máis añoro e non ter disfrutado máis deses días de ser unha nai nova, e as pequenas (e grandes) marabillosas sorpresas do pequeno que, ao fin, se convirte no máis grande.

Bicos e apertas, e que sigas a retratar setembro, que é coma se fose o principio do ano, e despois o outono co seu carro de cambios na natureza.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio