leoeosseus

venres, 20 de novembro de 2015

Inspiración


Pregúntanme de onde saco o que escribo pero non hai misterio ningún. Eu camiño tranquilo e aparece unha imaxe que me choca. Fotografo a escea e logo matino que pode ser. Neste caso pensaba que a policía local quedara sen cepo pero non pon nada de policía local na fita. Logo pensei que é unha broma do estilo que se lle fai aos recén casados pero por fin caio da burra. Seguro que o dono non pode fechar o coche e para que non llo rouben non se lle ocorre millor idea que empapelar así o coche  e atalo a unha farola.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 20/11/15, 17:54 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Caramba deve levar umas duas horas a prende-lo e outras duas a soltá-lo.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 20/11/15, 19:42 , Blogger Raposo dixo...

Unha medida moi disuasoria, sen dúbida!

 
Ás 23/11/15, 20:15 , Blogger Churrusqueira dixo...

https://www.youtube.com/watch?v=k-jJ4uq8TWk

 
Ás 24/11/15, 18:17 , Blogger paideleo dixo...

O do vídeo da Churrusqueira ten máis que merecido e non é o mesmo caso porque este da foto estaba ben aparcado.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio