leoeosseus

domingo, 1 de novembro de 2015

Por Allariz


Si, este mes finalizaba o festival internacional de xardíns de Allariz deste ano e alá fomos.


Había varias representacións e a min gustoume especialmente esta de dúas italianas.

 
A que gañou o ano pasado era especialmente orixinal porque era unha casa prácticamente invadida polas prantas. A Xela e Leo gustoulles esta cociña tan vexetariana.
 


Despois demos unha volta por Allariz, unha vila ben conservada e con vida comercial.


Esta noite é unha noite especial e había muita xente disfrazada pedindo lambonadas polas rúas.


Tan misteriosa é esta noite que ata aparecen cartaces fantasmas onde se adiviña o nome gravado daquel soño xa desaparecido das Galescolas.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 01/11/15, 10:06 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Muito bonito. Em Ponte de Lima, também se realizou há pouco tempo um festival de jardins, subordinado ao tema, A água. Se tiver curiosidade pode ver aqui http://bercodomundo.blogspot.pt/2015/10/h2o-agua-no-jardim.html
Um abraço e bom domingo.

 
Ás 09/11/15, 12:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

festival internacional de xardíns de Allariz?
xa pola VI edición e eu sen decatarme!
xa digo que aprendo cousas no teu blog!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio