leoeosseus

domingo, 6 de decembro de 2015

Liado


Levo unha semana liado e, a verdade, sen inspiración e haberá que agardar a outros días mais produtivos. Cuidar dos nenos pola tarde cos seus deberes e actividades, traballar de noite, durmir pouco de mañá e preparar os calendarios non deixa tempo para o blogo.
Iso si, aprendín estes días a palabra " As Antoniñas " que son visións de ánimas ou espíritos.
Ata a próxima.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 06/12/15, 21:32 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Importa que está bem, não é verdade? O resto não importa. Aparece quando pode.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 08/12/15, 19:25 , Blogger Churrusqueira dixo...

Linda foto porriñesa.

 
Ás 08/12/15, 22:51 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Eu, asegúrocho, traballo moito. Incluso estou tentado de dicir que moitísimo; pero teño que recoñecer que nunca tiven turno de noite. A canteira polas noites soamente argalla para liarnos despois todo o día de nososeñor!!

 
Ás 08/12/15, 22:52 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

(revisa o sistema de verificación para comentario, pf. Os nenos de aldea que non sabemos inglés...témolo moi complicado)

 
Ás 12/01/16, 14:28 , Blogger Paz Zeltia dixo...

primeira vez que escoito iso das "antoniñas"

lin que andiveras tan liado, ben seguro que despois das festas e o comezo do cole dos cativos, recuperarias a monotonía que nos salva...

Levo tempo con gana de pasar por aquí, pero coas festas as visitas de familiares e outros acaeceres non tiña tempo para darlle á blogosfera e inda non podo poñerme con calma para ler todo do tirón. Pero fareino!

Hoxe lin no twitter que fixeran un listado de "blogs en galego" para "reactivar" o blogomillo. Pero claro, só están algúns "dos grandes" que están aloxados na plataforma "Blogaliza"

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio