Dous primeiros días
Pois o ano empezou coas uvas e a foguetada dos veciños na Cardalama e no Barriño.
Hoxe xa fixo millor tempo e puidemos xantar na pizzería e pasar unha tarde de música con muitos músicos infantís en galego como Magín Blanco, Xabier Díaz, Uxía Senlle, Gloria Mosquera Roel, Paco Nogueiras e Xoán Curiel, un autor que descoñecía totalmente pero que o señor Google se encargou de presentarmo.
Etiquetas: curiosidades XIV
3 comentarios:
Também choveu por aí? Por aqui foi um dia de chuva. Saímos de Lisboa para Peniche para almoçar e dar uma volta até Leiria. Fomos e viemos debaixo de chuva. Almoçámos em Peniche e voltámos para casa.
Não dava para passear.
Um abraço e BOM ANO
O teu coment, que vin onte, no meu tumblr fíxome recordar con nostalxia cando os sábados e domingos á mañá almorzaba as torradas á beira da ventá co ordenador lendo os teus posteos da semana e os de outros blogueiros de sempre. Hai meses que o meu portátil traballa mal, así que uso internet do teléfono para as redes sociais. Unha pantalliña pequena vale para ler textos curtos e escribir un "like".
Pero hoxe, en vez de saír ao café, vou quedar no traballo aproveitando o ordenador para botar un ollo por aquí, ver as venturas (desventuras non quero ver) do Leo e a xoubiña! :)
Por certo, este día que fostes xantar a pizzería e a concerto, eu fun recoller a unha das miñas sobriñas que viña de París, pasar os reises que alá non hai. A alegría do día empanouse á noite que me doeu un xeonllo e dende entón inda ando coxa...! (todo son pequenas avarías no meu corpo, que como non se pode cambiar por outro máis novo, haberá que afacerse a ser vella)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio