leoeosseus

domingo, 24 de xaneiro de 2016

Quincuaxésimo quinto mes


Pasou o outro mes e non puxen o mesario dela e non me avisaches nin nada. Facía a xoubiña catro anos e medio e agora xa fai cincuenta e cinco meses.
Que se pode dicir dela ?. É mui espabilada e sabe enredar para pedir as cousas. Xoga a todo e aprende con Leo do que estuda el. Segue coa súa dieta de cacao de todas as formas posibles pero polo menos ten medo das bacterias dos dentes e non hai que repetirlle que os lave. Iso si, " Estoy cansada " é a súa frase máis repetida pero non é certa na maioría dos casos. Fala mui ben anque carga no " z " sobre todo falando con nós. Di que non fala galego porque non lle gusta e quere que eu fale español pero non o consegue, está claro. Tamén di que son feo pero só dun lado que do outro son guapo.
Co irmán teñen  a típica relación " nin contigo nin sen ti " que remata mal muitas veces anque hoxe rematou ben como ilustra a foto esta.


Pero agora xa non está na cama co irmán que a fervellica xa se ergueu para mirar os aros olímpicos do seu disfraz que este ano van de bandeiras do mundo en primaria e de bandeiras olímpicas os de infantil.
Nada, que esta nena non ten paraxe !.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 25/01/16, 15:06 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Dá gusto velos na foto, xuntiños os dous... Xela ten xa unha morea de meses e vou ter que coller a calculadora! :) Están moi lindos os teus nenos.

Remato de ler os posteos deste mes, moi curiosos algúns, compartindo as vósas andanzas por aldeas de ventás tapiadas, monumentos (concordo co do can abandonado)carteis de pizza coa cara dun gañador de Gran Hermano e a´súa cabra,unha estatua dun home en tanga na rotonda; vin o teu niki de reis; aprendín outro nome para as cabras... e empadroneime no blogomillo!

:)

hasta pronto, compañeiro!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio