Visita ao novo hospital
Onte fun ao novo hospital Álvaro Cunqueiro e non teño queixa. Foi bastante doado topar a área onde tiña a cita. Despois saquei o número da cita e non esperei máis de vinte minutos. Atendeume ben a doutora e o prezo do aparcamento non foi esaxerado ( agora está a metade do que valía antes. Para iso serven as mobilizacións ). Non sei como será noutros casos pero a miña primeira experiencia foi boa. E iso que hai datos bastantes de como empiorou a sanidade en Galicia estes anos.
Alí perto hai unha zona cunhas dez casas tapiadas e abandoadas que dan para unha novela de misterio ou apocalíptica. Parei a facer fotos e preguntei a un paisano que me aclarou o misterio. Resulta que o terreo foi mercado pola " Sona " Franca para ampliar o solo industrial. Pero con isto da crise aí quedou todo como aldea fantasma. Agora só falta que alguén faga unha película aí.
Etiquetas: curiosidades XIV
3 comentarios:
Está doente amigo? nada grave, espero.
Bom que foi bem atendido.
Um abraço e rápida recuperação
Pois debiche ter sorte, porque alí case todo son queixas.
espero que a doenza non sexa grave.
Apertas
A visita foi rotinaria, nada grave nin contaxioso.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio