Xaneiro xiadeiro ?
Onte facía un día primaveral que invitaba a pasear así que xantamos en Meira e fomos de paseo ata Moaña polo paseo marítimo cuns amigos.
Por suposto que hai algúns monumentos adornando tan longo percorrido como o adicado aos faros que salvan vidas, aos carpinteiros de ribeira, ás redeiras, aos emigrantes e tamén un colosal deus Neptuno duns catro metros de altor polo menos que non sei a quen estará adicado en concreto.
Pero o monumento que me gustou de verdade é este adicado aos animais que son abandonados. Ese canciño de pedra ata semella chorar e todo. Non merecen ese trato.
Etiquetas: curiosidades XIV
4 comentarios:
Bonita a miña terra! a estatua "representa a un marinero dedicado a un arte de pesca conocido como fisga (el tridente) y que era típico de Moaña. Pero lo cierto es que también remite a una figura mitológica como la de Neptuno" http://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2009/12/23/o-fisgon-preside-moana/397595.html
O canciño e o micho son moi feitos. Eu.vivín un tempiño en Moaña e penso q é a vila galega con máis bancos (de sentar) q coñezo.
Queda ben sentado (o dos bancos)
Esta conexión... Mecaghiná... Dicíame q non gravara o comentario. Desculpiñas.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio