Paz e arxón
O sábado foi o día da Paz e o venres no cole tiveron a charla do pintor sirio Ali Ali. Aparte escolleron os alumnos de cada clase ao compañeiro que merecería o Nobel da Paz. Leo quedou en bo posto pero o bo foi que votou por el a que conseguiu o premio. O blogueiro Brétemas fala dunha pacifista galega que ben merecía ese título por estar tantos anos diante da Casablanca protestando pola política militar dos EEUU.
Preguntei o que significaba e os meus veciños da Louriña saben o que é e dixéronme que eu pouco traballaba no campo. Seica é o pau que guía as prantas trepadoras como no caso da foto cunha roseira. Preguntei en Arbo se sabían que era un arxón pero alá chámanlle estaca. Tamén no Salnés existe esa palabra.
Etiquetas: curiosidades XIV, interrede VII, lingua X
6 comentarios:
Pena que só haja um dia da Paz, mas está de acordo com o que se passa pelo mundo que Paz é coisa que não tem.
O pau que ampara as trepadeiras em Portugal chama-se estaca
Um abraço e uma boa semana
No Morrazo os arxóns son pólas de salgueiro que se lles poñen principalmente ás xudías e ós chícharos (para nós ervillas)
Ogallá tivésemos nós un arxón para que nos guíe cando andamos medio perdidos...
Unha aperta
Pois eu nunca a escoitei.
Eu tampouco a escoitara nunca.
Na miña aldea tamén lle chaman estacas. Bueno, agora coa influencia do castelán e os rótulos das tendas, tamén de internet, algúns xa lle din "tutores"
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio