Avernuncio !
Hoxe tocou visita á familia de Arbo e non houbo grande novidade. Iso si, hoxe non oín unha expresión que repiten muitas veces cando queren dicir que algo lles semella incrible ou que non pode ser. Cando lles din algo que lles soa imposible soltan un: " Avernuncio ! " sonoro. É algo que só oín aquí e que usan muito e ata se me pegou e dígoo ás veces.
Tratei de buscalo pola interrede e aparece como palabra nunha vila cacereña co significado de persoa obtusa e rara. Tamén aparece nalgún libro antigo e semella o nome dunha comida. Cambiei o " v" polo " b " e en abrenuncio xa me dan resultados máis acordes co que trataba de achar e aparece no Quixote e no dicionario da Real Academia Española como interxeción coloquial pouco empregada para dar a entender que se rexeita algo.
Na foto aparece un coche do equipo dos Cazafantasmas. Se alguén me pregunta se creo nas fantasmas eu soltarei un " Avernuncio ! " terminante para dicir que non.
3 comentarios:
Minha avó, e minha mãe que eram de Trás-os-Montes. diziam muita vez Abrenuncio. E na Seca onde nasci e me criei, o pessoal que vinha lá das Beiras diziam "Credo-Abrenuncio" quando algo era inusitado.
Um abraço e uma boa semana
Pois vese que a expresión tira cara o sur (da Galiza). Por estas terras do medio nunca o escoitei. Aquí tendíase máis a empregar o "Arreneghado!" nese ton de inusitado e de sorpresa que di Elvira.
Saúdos con apertas
Fago miñas as palabras de Chousa. Que eu tamén son de polas terras do medio. Aquí na Coruña, xa para q xche vou dicir...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio