Don Naipe
Estamos perto do día do libro e cada vez resulta máis evidente o seu retroceso. A xente está enganchada aos móbiles e adica o seu tempo libre ( e parte do non libre ) a fuchicar co móbil. Eu vou aguantando pero no choio aprendéronme unha aplicación para xogar aos naipes, ás cartas de toda a vida e agora tamén eu ando co móbil e o raio do xogo do tute.
Está claro que este tute electrónico perde en sensacións contra o tradicional inzado de berros ao compañeiro, risos, renuncios, as súas palabras e frases e o tacto das cartas pero vai facendo o apaño.
Se hai algún interesado deixo a ligazón.
Etiquetas: curiosidades XIV, traballo V
2 comentarios:
Eu já li este mês, "Almas que não foram fardadas" e estou quase a acabar "Saudosa África"
Jogos de cartas gosto ao vivo. Quando vou de férias ponho de lado pc, tv e Telemóvel só lhe pego para telefonar ao filho. E o que fazemos além de ir à praia e passear? Jogamos às cartas, aos dados, e ao dominó.
Um regresso a outros tempos.
Abraço
Pois si, o q di Elvira xa case parece doutros tempos
isto de levar no teléfono a carteira, a comunicación, o entretenimento...!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio