Cachos
Non só foi falla de inspiración senón que fun chocando unha gripe que rematou levándome para cama toda a fin de semana. Tiven dor de cabeza que non paraba con nada, tremores e subidóns de febre que me facían suar na cama. Deliriei co choio e pasábanlle mil desgrazas aos meus fillos. No día da nai non mirei nin nai nin sogra e a dos meus fillos mireina pouco tempo. Pero todo ten un fin e o luns a media mañá erguinme, rapei as barbas que tiña de Robinson Crusoe, ducheime e vestinme para saír mercar cousas.
Fixo despois eses días de grandes calores e repoñinme e agora volve baixar a temperatura e xa estou ao cen por cen.
Ata me apetece ir á festa dos cachos que é a forma vilaguindastreira de chamar ás centolas.
Por certo, un dos bares participantes é o " Cólleo con pinzas " e con ese nome tiven unha anécdota unha vez. Pasaba eu cerca de alí con Leo e viume de frente un descoñecido que me preguntou: " Mira. Sabes por aquí dun bar que se chama " Coello con pintas " ?. " Coello con pintas ?," repetín eu crendo que era unha broma de cámara oculta. " Si. " Coello con pintas " ou algo así. E entón caín da burra: Ah, queres dicir " Cólleo con pinzas " e indiqueille onde quedaba.
Etiquetas: vilaguindastre IV
2 comentarios:
hahaha pois "Coello con pintas" é un nome orixinal.
Tampouco sabía que lle chamaban "cachos" ás centolas
e moi leda de que xa esteas recuperado. Sí que curas pronto as gripes ti, que din que leva 7 días, con tratamento ou sen el
Coelho? Coello é coelho? Se é, nós tivemos por cá um Coelho com pintas de primeiro ministro, mas não servia nada a ninguém senão impostos. Rsrsrs
Que bom que a gripe já lá vai.
Um abraço e bom fim de semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio