Quincuaxésimo noveno mes ( e mais un día )
A xoubiña tira para adiante. Levaba unha boa tempada comendo ben pero estas últimas semanas foron malas para ela con febres e toses e volveu adelgazar. Segue sendo activa e tanto xoga cunha cousa coma con outra. Ata xoga máis con Leo e todo. Gústalle pedir que lle merquen de todo e tamén quere ir a casa de compañeiros da clase. Segue a durmir connosco e máis estando pachuchiña e segue co cueiro de noite anque hai muitas noites que non o molla. Ten mal espertar e sempre hai que andar a correr para que vaia ao cole a tempo.
E xa queda pouco para os cinco anos !.
Etiquetas: xela VI
4 comentarios:
Está linda e muito crescida. E quase cinco anos já.
Parece que foi ontem que nasceu.
Um abraço e bom feriado
Pois será feriado lá en Portugal que por estas terras non é.
Da gusto velos crecer, inda que nos fagan cada dia mais ancians. Por certo nun mes vo ser avo.
Esta vai ser das de espertar tarde...! Cando sea adulta halle gustar pasar as mañás dos domingos durmindo hahaha
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio