Viaxes de maio
Este maio que remata foi demasiado mollado e con poucas opcións de viaxar. Non queda outra que ollar outras viaxes como as do concurso de fotografía de viaxe de Vilaguindastre. Non sei o criterio para escoller a foto gañadora pero facer unha foto dos pés dun monxe budista non entra para min dentro das opcións gañadoras como si foi na realidade. Eu prefería muitas máis fotos e esta vale de exemplo. Aquí miro tres viaxes. A do fotógrafo que capta esta imaxe nunha cidade lusa, a do titiriteiro que vai daquí a acolá e a viaxe do neno abraiado coa actuación: a viaxe de coñecer a vida e as súas marabillas.
A ver que viaxes nos trae xuño !.
Etiquetas: fotografía I
5 comentarios:
Por aqui também. Esperemos que Junho seja melhor.
Abraço
Eiii, esa foto está feita nunha das entradas do mercado do Bolhao en Porto!!!.
Recoñecín a nena do titiriteiro e despois busquei no meu arquivo (recentísimo. Deste abril) e dei con ela. O día que eu lle fixen a foto a esa parella levaban paxaros pousados na cabeza e estaban actuando nese mesmo punto.
No me preguntes o porqué; pero deume un chisco de pena a nena aquel día...
O mundo é un pano de man!!!
Pois si que é casualidade !.
A foto non será túa tamén ?.
Non, non. Eu pensaba que a fixeras ti. O día que eu os fotografiei a nena levaba outra roupa e katiuskas vermellas. Aínda que sí cubría o pelo cun pucho de similares características a ese...
O que che dicía: un pano de man.
Mira ti, as casualidades.
E o diferente xeito de ver: onde ti viches abraio na mirada da nena, Chousa tivo lástima.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio