leoeosseus

mércores, 29 de xuño de 2016

Askondo e máis



O outro día merquei un libro dun escritor de Vilaguindastre: Diego Giráldez. Merqueino non mui convencido non sei polo que. Eu coñézoo de vista e algo sei del; menos do 1 %, polo visto. E o libro abraioume. Son relatos curtos, minibiografías de xente actual que pode ser un veciño calquera ou un compañeiro de traballo. Están escritos de maneira que cada frase é un xogo literario que xa me gustaría a min escribir dese xeito. Os textos son mui orixinais e están cargados de tensión e rematados de maneira inesperada. Vaia, que o recomendo.
Aparte ten unha ilustración por relato e así aprendín da cova de Askondo que a descubriron hai poucos anos e que retrato aquí.
" Galería de saldos " é o título deste libro que evidencia que o galego é un idioma totalmente válido para escribir marabillas.
Este  libro e " Un animal chamado néboa " de Ledicia Costas son mui bós exemplos de literatura galega actualísima anque o de Ledicia Costas é tan real e duro que ata deixa mal o estómago.
Unha curiosidade: buscando na interrede descubrín que os debuxos paleolíticos da ilustración non son de Askondo e si son de Akakus en Libia.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 06/07/16, 13:24 , Blogger Paz Zeltia dixo...

grazas pola recomendación.
non podo acceder ao link. Cousas do firewall supoño

 
Ás 08/07/16, 00:19 , Blogger paideleo dixo...

supoño...
busca en google " booktrailer galería de saldos " e sai aí.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio