Neste tempo tolo
Neste tempo tolo pasamos do calor á chuvia e así non hai maneira de que saia nada no campo.E, falando da escaseza de cereixas, aprendín un dito da zona que ten unha variante máis para o interior de Galicia. O refrán é: " Das cereixas ás castañas todo son apañas e das castañas ás cereixas todo son queixas ". E precisamente estamos no tempo que aínda non saíron as cereixas.
Gústanme os refráns e as palabras bonitas como as da bolsa do Eroski.
Etiquetas: lingua XI
1 comentarios:
hahaha que bo o refrán, non o escoitara antes. Tamén me gusta a variante: Dende as cereixas aos nabos, ben estamos; dende os nabos ás cereixas, todas son queixas.
(que tampouco escoitara)
Polas terras do medio tamén estamos sen cereixas.
Mesmo en Francia, (na Région Parisienne) andan tamén os melros con saudades de cereixas...
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio