leoeosseus

mércores, 22 de xuño de 2016

Nos ollos de Torneiros





 

 
 


Onte facía muita calor e entramos os nenos mais eu na casa da cultura do Porriño que hai aire acondicionado. Alí botei unha ollada á exposición de fotos " Nos ollos de Torneiros " feita polos alumnos do CPI da Ribeira. E alí mirei retratadas persoas e paisaxes que pasan por diante miña día si e día non que por algo vivo aquí dende o principio. Ata semella que muda o meu concepto deste bairro que naceu hai corenta anos nunha parroquia rural. Fixéronno en varias fases en zona de monte, prado e gándara e agora ten un instituto, dous colexios, un cuartel da Garda Civil, unha igrexa, a oficina do Inem, panadería, supermercado, etc, etc. É un bairro marxinal, obreiro e afectado por esta crise que non desaparece pero segue aí no día a día dos seus case catro mil habitantes.
A exposición está o resto do mes.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 24/06/16, 00:40 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E pela amostra é bem interessante.
Abraço

 
Ás 29/06/16, 17:07 , Anonymous Anónimo dixo...

Bo día!Quería comentar que a exposición está elaborada polo alumnado do CPI da Ribeira e non polo Instituto Ribeira do Louro. Un saúdo

 
Ás 30/06/16, 00:57 , Blogger paideleo dixo...

Paso a corrixir.

 
Ás 06/07/16, 13:32 , Blogger Paz Zeltia dixo...

mola ver polos ollos doutros os detalles e os enfoques nos que non repararamos...

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio