Aunios
Estes dous días pasados estivemos facendo campismo en Ons ( o Aunios dos romanos ). O parque de campismo é novo que ten unha semana dende a súa apertura. Para non lombear as cousas collemos unha das tendas grandes da foto que xa están montadas e teñen catro camas con todo o necesario para durmir.
O cámping está ben pero o servizo na cafetaría pode millorar bastante: non se enteiran muito, non limpan nin recollen demasiado e faltan cousas xa dende o principio.
Despois de desembarcar entramos na zona de restaurantes, oficina de información e centro de interpretación da illa. Tamén hai unhas casas que debían de ser das chamadas baratas daqueles tempos de Franco. Da mesma época é a igrexa que ten unha fachada que semella portuguesa polos azulexos e cunha invocación en galego: San Xaquinciño da illa danos un ventiño de popa pra chegar oa ( sic ) noso porto que temos a vela rota. Esta illiña gallega defensa da nosa ria e devota a San Xaquin o pai da Virxen Maria.
Tamén andando por esas praias atopei outra inscrición máis actual e mandando unha especie de maldición: Que te acuerdes de mi cuando le pongas a otra el anillo.
Os nenos non son nada de andar pero conseguimos que fixeran a rota do faro; un dos derradeiros habitado polo fareiro.
Na volta puidemos ver exemplos de construcións típicas illáns que son casas terreñas co seu canastro e algúns cortellos xa inutilizados. No caso da foto a casa estaba inutilizada pero o canastro foi habilitado como chilote ( vivenda de verán ). Non me extraña que a Xunta agora queira cobrar por estes anexos da casa !.
Noutros casos o canastro desapareceu pero parte dos seus elementos adornan o xardín de forma mui chic.
Houbo tempo para a praia como a da Area dos Cans e a de Canexoi. A de Melide quedaba mui lonxe para os nenos.
Nas dunas había vexetación merecente dunha foto que non fai xustiza da beleza real.
Os nenos pasárono ben na supertenda escapando do Mostro da Sopa que era un que escribe.
No centro de interpretación da illa falaban da illa, da súa xente, da flora e da fauna e tamén tiña unha exposición temporal de escolas antigas e precisamente o centro de interpretación foi a escola da illa.
A illa está chea de coellos e Xela descubriu un que vive neste centro de interpretación.
Outra rota pequena que fixemos foi a que vai ata os restos do castelo. Os nenos case nin se enteiraron porque estaban falando dos yokai da tele.
Nada, que hoxe marchamos da illa de Ons que eu non teño vacacións. Quedoume pena de non irmos ata o Buraco do Inferno pero os nenos non son nada andareiros.
Outra vez será !.
Xa en Bueu topou Leo unha carouca ou vacaloura que estaba nas últimas, a pobre. Estaba na porta do Gadis e aí rematou a súa vida.
Tamén visitamos o museu Massó onde os nenos descubriron como se facían as conservas de peixes e miraron maquetas do barco que deu a volta ao mundo e do que descubriu América. Tamén miraron un peixe voador e osos de balea e as mil utilidades que tiñan as baleas.
Logo xantamos no restaurante Ramón que non defrauda pola calidade, prezo e servizo ( nada que ver coa Illa ).
E fuximos que había muito aire.
Etiquetas: viaxes III
3 comentarios:
Ai, como Patrimonio saiba do despezamento do canastro!
O Museo Massó a min gustoume moito. Pareceume moi interesante a parte da publicidade nas latas, por pouco habitual.
Este post coas fotos e o ben que contas todo, lino hai unha semana na miña aldea, algo puxera aquí, pero vese que como era co teléfono non saiu.
Despois cortei un dedo co fouciño limpando a maleza que medra onde non chega a cortadora do cesped e xa marchei ver se levaba un punto (que non levei, pero en cambio puxéronme a vacina do tétanos, que non teño a dose precisa para estar protexida) Mimá, que mal o paso eu con esas cousas do corpo
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio