leoeosseus

Friday, 29 July 2016

Por terras lucenses


A fin de semana pasada fixo calor ( como en todo xullo ) e decidimos fuxir del ao norte de Lugo. A viaxe empezou torta coa volta a casa na busca dun neceser enriba da cama. Queriamos ir visitar a casa de Manuel María e tiramos a Palas de Rei. Pasamos por sitios novos como a sede dos amigos da bandeira española ou un cemiterio abeirado á estrada que se choca un coche atropela defuntos. Seguiu a viaxe co vento en contra porque non era Palas de Rei senón Outeiro de Rei onde tiñamos que ir. Unha vez en Palas fomos visitar o Castelo de Pambre, bueno, por fóra que está en rehabilitación.


Dalí fomos xantar ao centro comercial As Termas de Lugo co seu aire acondicionado e a súa reprodución dun mosaico do tempo dos romanos atopado hai poucos anos. Mágoa que saian as maletas na foto ou quizás ata quedan ben que lle dan cor á foto.


Chegamos a Foz e fixemos unha peregrinaxe coas maletas buscando as chaves e por fin topamos o apartamento que parecía de catálogo Ikea. Fomos á praia da Rapadoira e estivemos ata despois de que marcharan os socorristas que tiveron sete incidencias e ninguna vítima e recibiron un aplauso dos bañistas. Leo e o curmán bañáronse na lagoa que se forma na praia cando sobe a marea e fomos os últimos en marchar do areal.


No día seguinte fixemos o paseo ata a praia de Llas e aprendemos sobre Os Castelos e curiosidades desta costa.


Non podiamos  deixar Foz sen visitar o castro de Fazouro á beira dunha estación pechada do FEVE e coa Mezquita da Misericordia nun almacén ferroviario.

 
 
Logo fomos visitar a Basílica de San Martiño de Mondoñedo, a igrexa máis antiga de España, seica. 
 


Iamos parar na finca A Galea en Alfoz pero estaba pechada por ser luns e tiramos a Mondoñedo. Iamos xantar no Centro Social pero estaba cheo así que estragamos os cartos en El Peregrino, un lugar para non repetir. Xa se sabe, quen chega tarde nin oe misa nin come carne.



Tiramos cara Lugo e fomos pasear polo parque do río Rato anque facía un chisco de calor. Chegamos dende o restaurante á ponte coa pintada da Venus de Willendorf vestida de coelliña Playboy e pegamos media volta parra volver a casa que os nenos estaban cansos.
Ceamos no D' Camino de Ribadavia e chegamos a Vilaguindastre que nos recibiu co dobre de grados que había en Foz.
E por aquí seguimos.

Labels:

2 Comments:

At 02/08/2016, 20:46 , Blogger A Churrusqueira said...

Que recordos... Eu vivinche en Nois (cerquiña do castro de Fazouro) cando traballei en Burela. Alí tiñades un portiño baleeiro pequerrecho para visitar, preto da igrexa: unha aldea que parece sacada dunha lenda.

 
At 04/08/2016, 13:47 , Blogger Zeltia said...

Cánsome só de lerte! :(
Iso sí a praia esa á anoitecida e sen bañistas paréceme de envexa.
Tamén aprendín o refrán "quen chega tarde nin oe misa nin come carne"
:)

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home