Sexaxésimo terceiro mes
Chegou o outono e o novo curso e Xela experimentou un cambio para ben. Dende que comezou o cole parece máis tranquila e boa. Semella que madrugar e facer as actividades escolares póñena máis contenta. Tamén empezou a escribir palabras enteiras e di que vai rematar o curso escribindo minúsculas. Na forma de ser segue a ser competitiva e activa e no de comer si que non variou que pouco come. Faime graza cando fala e remata os -d finais coma -t e así di Madrit, verdat e outras cousas. Segue a querer que lle fale español pero por aí non paso.
Bueno, estamos contentos co ela.
Etiquetas: xela VI
2 comentarios:
Que bom que ela está a gostar da escola.
Um abraço
e non ides estar...? tan lista e guapa
(vese que a enerxía que gasta no cole déixaa máis tranquila para a casa)
:-P
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio