Na superlúa
Nestes días a lúa estará máis perto que nunca na miña vida porque terán que pasar setenta anos para que se aproxime a esta distancia. Este é un fenómeno que pasa cada setenta anos como coller unha aspiradora e facer bricolaxe en Arbo montando estores. Ou preguntarlle a Xela quen é a nena máis guapa da veciñanza e que diga que non se sabe que os gustos son diferentes. Ou aprender dun camioneiro portugués que cando fai bo tempo na lúa chea durante cinco días segue facendo bo tempo.
Chauciño, superlúa.
E como é tan difícil de fotografala hoxe regáloche unha foto da lúa ben grande do catorce de xullo de 2014.
Etiquetas: natureza VIII
2 comentarios:
Engraçado que a mim me pareceu ontem mais brilhante do que hoje. Ontem pela meia noite estava super brilhante.
Um abraço e uma boa semana
oooh lembro ese día... que quería eu saír ver a super lúa e dende a ventá do apartamento non podía, que quedaba para o outro lado... e ao día seguinte estaba eu co can no parque e a lúa tiña unha neboíña e non se vía nin tan cerca nin tan grande nin tan ben.
Por exemplo, esa que pos do 2014... mimá! Esa sí é unha super lúa
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio