leoeosseus

xoves, 19 de xaneiro de 2017

Odio algúns números


O odio non é polos números negativos da temperatura cando saín do traballo anque foi cousa dura de levar traballar de noite co este frío.
O odio é polo número de chamadas que fixen para consultar un detalle co hospital Álvaro Cunqueiro. Foron vinteunha onte só dende o móbil porque non contei as feitas dende o fixo e todo para que non me colleran. Hoxe fixen algunhas máis e seguín sen resposta e rematei por ir ao hospital. Preguntei cando me ían chamar para a colonoscopia e dixeron que a lista de espera é dun ano e medio a dous por algo que antes demoraba seis meses. Fun poñer unha queixa e déronme o número trinta para esperar a ser atendido. Do vinte no que estaba cando me deron o meu tardaron unha hora e media en atender dez queixas ata chegar á miña. Non sei se valerá de algo pero quedou a miña queixa rexistrada.
Todos estes números son os que odio, e non contei os euros do aparcadoiro ou os cartos da autopista.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 20/01/17, 02:12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E só pode fazê-la no hospital? Não há centros médicos comparticipados?
Um abraço

 
Ás 21/01/17, 22:07 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Tes razón. Eses números son para odialos!

Ánimo e apertas

 
Ás 24/01/17, 12:47 , Blogger Paz Zeltia dixo...

uf! síntese un totalmente desprotexido.
Eu creo que de algo che valerá a reclamación. Eu levo feitas dúas nun centro de especialidades da Coruña. As dúas pola tardanza en probas ou consulta de Reumatoloxía. A primeira vez déranme un ano, e despois da reclamación chegoume unha carta cambiándome a cita para 6 meses antes. Da segunda volta, chegoume unha carta onte, que me cambiaron a cita dun ano para dous meses antes. Algo é algo.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio