leoeosseus

venres, 10 de febreiro de 2017

O " Speed Limit "



Estudou comigo e naqueles tempos de xuventude era batería nun grupo de amigos chamado " Speed Limit ". Pasou o tempo e levounos por camiños distintos. Os del creo que foron complicados con perda de traballo e intrusións en malos hábitos. Agora sempre o miro co esas bolsas e un día pregunteille e díxome e mostroume o que traía nelas. Eran restos de panadería que compartía con veciños máis necesitados ca el e, simplemente, alucinoume.
Agora lembro o vídeo-experimento aquel no que lle dan 100 dólares a un vagabundo sen fogar para comprobar en que o gasta e deixa sorprendidos aos que gravaban.
Está en inglés pero é doado de entender o que acontece.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 00:18, 11/02/17 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Quase sempre são os que menos têm os mais solidários.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 09:41, 23/02/17 , Blogger Zeltia dixo...

OOOh non podo ver o video aquí... mais imaxino o que acontece. Mirarei de velo na casa se me acorda.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio