Churir: botar churumelos as cebolas
A Churrusqueira ten no seu blogo un apartado adicado ás palabriquiñas, palabras + riquiñas, esas palabras dunha zona limitada que non sain nos dicionarios e a min préstame isto.
A última que deu a coñecer é chorear que é botar flor o nabo e eu lembrei o " churir " que din por Arbo e poño a foto para aclarar o termo. Churir significa botaren churumelos ou grelos as cebolas. Eu pensaba que a palabra tiña que ver coas flores pero en Arbo non é así anque noutros lugares significa florecer.
Sigamos coa palabriquiñas !.
Etiquetas: lingua XI
2 comentarios:
Non coñecía o verbo, mais na miña casa tamén lles chamamos churumelos aos tales gromos, das cebolas ou das patacas.
Muito interessante essas palavras, para mim desconhecidas, e o seu significado.
Um abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio