Dúas voltas por Vigo
Vigo non é unha cidade que se caracterice pola súa arte nin polo amor á cultura e é máis ben unha cidade de traballadores como representa este debuxo a carboncillo da escultura dos " Collonudos ", uns mariñeiros turrando dunha rede.
A pesar diso sempre aparece un sopro de aire fresco e estes días hai unha exposición na rúa do Príncipe de fotos de Sebastião Salgado, un fotógrafo brasileiro que viaxa muito e retrata tanto as miserias humanas, a fame e os seus traballos heroicos como as grandezas da natureza.
E así temos un iceberg sorprendente pola forma de castelo co seu foxo e ponte de entrada aquí arriba. Ou a luita do ser humano con estes Nenets desafiando frío e vento na foto de abaixo.
E, como non todo é fotografía en branco e negro; poño un cartaz alegre e en cor dun psicólogo falando da ansiedade nun máis que decente galego atopado sorprendentemente por este Vigo esta tarde.
Etiquetas: curiosidades XVI, fotografía II
1 comentarios:
Almocei em Vigo, há 6 anos, mas saímos logo depois do almoço, e não vimos mais do que a rua onde estava o restaurante.
Um abraço e bom Domingo
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio