O " rapicán "
Sabía que había de escuitar máis historias curiosas cos compañeiros da noite e así aprendín que antes puñan ruda debaixo da almofada dos nenos para que non tivesen lombrigas. Como dous compañeiros son afeccionados á caza falaron de xabaríns que escapan a correntes de auga cando están feridos e que gostan de escofarse en " bañas ".
A historia máis curiosa foi a que contaron das misturas entre raposas e cans que darían nun hipotético " rapicán " ( palabra inventada por min á xeito de " lubicán " que é mistura de can e lobo ). Din que o cruce de can con raposa resulta nun animal mui bo cazador e de bo alfacto e que é mudo como a raposa. Esta historia semella ser unha fantasía dos cazadores pero xa apareceron misturas de can e raposa por Europa adiante así que ao millor é verdade.
A foto é dunha hiena no zoo de Barcelona.
Etiquetas: natureza VIII
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio