Obras humanas
Onte estivemos falando no choio de que ían restrinxir a entrada a Portugal estes días pola visita do Papa.
Lembrei a catedral de Mejorada del Campo que está construindo Justo Gallego dende hai máis de cincuenta anos perto de Madrid. Faino por fe e con materiais reciclados e doados. O pior do caso é que non ten licenza de obra e que non é segura segundo o concello e non se sabe como acabará cando morra este home de noventa anos que segue a traballar nesta obra monumental.
Seguro que acaba desaparecendo como esta cabana que tamén era unha obra humana anque non tan grandiosa.
Etiquetas: curiosidades XVI
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio