leoeosseus

luns, 12 de xuño de 2017

Abrideiros ?


Avanza o tempo das fruitas e agora tócanlle aos albaricoques. Non sei onde oín que se chamaban abrideiros e decidín investigar. Topei abrideiro como definición de fruita que se abre ben pola metade como é no caso dos albaricoques. Logo está a acepción de abrideiro como tipo de pexego que se abre ben. No asturianu topamos abrideiru que vén a ser a mesma cousa. Nun dicionario topei a palabra albercoque como palabra galega referida a esa fruita. Logo decidín explorar por ese camiño novo e cheguei ao albercoque e abridor aragonés que ben me confirman que eu non ía descamiñado.
O que si topei que as terminacións da lotaría do Gordo de Nadal teñen un nome e que a terminación 70 chámase  " El Albercoque " e como son cen terminacións linas todas e topei algunha curiosa como a 55 que se chama " Los gallegos " que terá unha historia detrás pero que non coñezo.
Xa miras as voltas e reviravoltas que dan as palabras.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 15/06/17, 16:37 , Blogger ictioscopio dixo...

Eu por "abrideiros" coñezos uns pexegos, por oposición cuns "duraznos" (durasnos) que non se abren (e que é ademais como chaman nalgúns países de Sudamérica aos pexegos); estes duraznos seica os chaman pavías noutras zonas.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio