Bo proveite !
No choio estamos ben educados e cando entramos no comedor dicimos " Que aproveite ! " aos compañeiros que comen o taco. Bueno, iso digo eu. Outros din " Bo proveito ! " ou "¡ Que aproveche ! " e hai un que ata di algo que só llo oín a el: " Bo proveite ! ". Mira ti cantas formas de desexar que lle sente ben a comida a un comensal !.
Pero iso é en galego que semella un idioma tabú en muitos lugares onde dan de comer e así en Vilaguindastre, en pleno camiño dos pelegríns a Santiago, topo este cartaz en inglés e español cun " Buen probecho " que di bastante do escribidor.
Outro exemplo: noutro establecemento da vila teñen un mantel de papel feito por Aguas de Mondariz no que desexan un bo proveito ao cliente. O que é un chisco triste e que o desexen en tantos idiomas ( español, grego, portugués, inglés, catalán, chinés, ruso, euskera, xaponés, alemán, francés, italiano e árabe ) e esquezan o idioma onde está asentada a empresa como se Mondariz estivese en plena Serranía de Cuenca.
En fin.
Etiquetas: lingua XII
3 comentarios:
A primeira imaxe fai graza, a segunda dá bastante tristura.
Nós dizemos "bom proveito" Ou "Bom proveito à barriguinha e ao peito" quando se trata de crianças.
Um abraço e uma boa semana
Ten razón o Raposo. Non atino a comprender ese negacionismo identitario. Unha mágoa!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio