Bombóns e cereixas sempre !
Bombóns. Pechar os ollos. Descubrir en min engrenaxes para loitar contra un folio en branco. Confesar a razón de escribir. Atoparme na páxina 166 dun libro do gran Agustín. Coñecer a obra de Antón Pulido e a súa praza das Apertas. Imaxinar un sol azul. Describir un matrimonio. Darlle a palabra a un lápis ou crear unha personaxe moi forzada. Relatar por que botou a bailar unha rapaza e argallar unha parella oposta.
Graciñas a Clara do Roxo e á pequena tribu de letrasferidos do obradoiro.
Lembrareino e non hai Alzheimer que valla. Palabra de " presbicioso ".
Quédame este berro de batalla: bombóns e cereixas sempre !.
Etiquetas: lecturas I
1 comentarios:
Também quero.
Abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio