Dende un terceiro andar
Logo dunha noite de enchenta de stress e barullo no choio durmín pouco.
Erguinme con imaxes e ideas para escribir.
A vista dunha farola dende arriba resulta canda menos especial. Semella un ollo alieníxena que nos vixía dende arriba.
O home segando podería traer unha ovella para esa labor. Sería máis silenciosa e daría la e años.
No recinto da fábrica química semella ter ocorrido unha catástrofe radiactiva.
Como os espalleres espidos de viña que darán que falar aos científicos de aquí a mil anos. Buscaranlle unha función relixiosa ou astronómica. Outro misterio como Stonehenge.
Etiquetas: curiosidades XVI
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio