leoeosseus

mércores, 9 de agosto de 2017

Falo que non hai roupa ao sol


Como non están os nenos podo falar.
Mehdi non é o neno perfecto do principio. Agora xa é máis normal e non come todo o que bota no prato. Xa non reza nin dobra a súa roupa. Manda calar a Leo e Xela cando falan no coche e búrlase deles de cando en vez. Os nenos son mui distintos e a convivencia está pasando unha mala racha que non acaba e non sabemos como rematará todo.
Iso si, a Mehdi encántalle saír da casa e así o pasa ben no parque da auga de Mos con outros nenos do Sáhara ( ata saiu unha foto no Faro de Vigo ), facendo cola para botarse polo tobogán de Navia anque nos aburrimos e marchamos antes de montar. Tamén o pasou ben en Acedre co seu lavadoiro decapitado sen tellado e en Monforte no parque. Tamén lle gusta meterse en ríos calzado ou explorar o castelo de Vilasobroso en busca de pantasmas.
Gústalle a música do coche e mira bruxas Maruxa en todas partes: a virxe María da capela do castelo de Vilasobroso ou mirando a Lano, unha personaxe barbuda de Ponteareas.
Bueno, hai que ter paciencia.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 13/08/17, 00:12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Como dirían por Louro, parese que Mehdi jañou confiansa...

E como dicimos por aquí: hai que ter tino que hai roupa tendida...

Apertas

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio