Primeiro de outubro
Hoxe é un día raro, especial e con mal sabor de boca. Non o digo polos callos en Vilaguindastre que estiveron bos e o bo tempo acompañou anque o exceso de clientela fixo que o local onde fomos comelos non daba avío. Non. Falo por Cataluña e como vai o asunto do referéndum.
Eu non lle miro unha solución que sexa perfecta para Cataluña e para o goberno español e non vou aportar nada por descoñecemento. Non está nas miñas mans e é un tema serio e espiñento de máis.
Prefiro deixar unha nota de humor que circula polas redes de como se redactaría a famosa papeleta en Galicia.
Tamén hai outra opción con humor para o día de hoxe.
En fin. Fóra bromas e que todo quede en auga de bacallao.
Etiquetas: curiosidades XVII
1 comentarios:
Já se passou quase uma semana, e a situação está difícil.
Um abraço
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio