Por ese Vigo
Fun a Vigo por mirar Cangas porque non conseguín os libros de Suso Lista que buscaba.
Iso si, non todo é perder o tempo e sempre podes atopar un coche vello con música galega e unha pegatina simpática parado nun semáforo.
Ou algunha pintada marabillosa cunha xente feliz sentada nunha flor.
E xa na casa e como o día é longo ata a noite que empezo a traballar dá para rematar de ler " O corazón de Xúpiter " de Ledicia Costas, unha novela cun final nada americano.
Chuvia e libros, que boa parella !.
Etiquetas: lecturas I
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio