Primeira palabra do 2018
O outro día sentín a palabra "pubela" no choio como referíndose a un contedor de lixo. Nunca a escuitara e preguntei a Google. Nas imaxes saían contedores que ese é o nome en romanés pero quedaba lonxe ese país de Galicia. Así que seguín explorando e topeina como palabra empregada por portugueses que veñen de Francia e Suiza porque en francés o contedor é "poubelle". De aí debeu de entrar por Galicia da mans de portugueses ( vivimos ben perto ) ou de emigrantes galegos.
En galego "pubela" existe como a enésima forma de nomear á folla do piñeiro que é "candea" en Vilaguindastre, "pirlo" en Sardiñeiro e "fasco" por Arbo.
Sempre se aprende algo !.
Etiquetas: lingua XII
1 comentarios:
Os emigrantes sempre trazem novos costumes e novas palavras.
Um abraço e boa semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio