Hai fanecas !
Levo tempo escuitando no choio a frase " Hai fanecas " que se usa cando un está rascando o cu porque lle proe. Busquei en google e apareceu como frase feita en Sibil, Curtis. " Mañá hai fanecas " (Fórmulas 165 páx-302).
Sen saír desta zona do corpo outra palabra que escuito é " peida " referíndose ao cu.
E non hai millor foto para ilustrar este posteo ca este " tapapeidas " ou " afogafanecas " dun bazar chinés que, curiosamente, ten o laciño atrás en vez de diante.
Etiquetas: lingua XII
2 comentarios:
Dá a sensação que foram vestidas ao contrário.
Abraço e bom domingo
Toda unha lección maxistral!.
O do laciño do revés, vai ti saber!; igual ten algún motivo que habería que investigar...
Apertas
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio