leoeosseus

domingo, 1 de abril de 2018

Blogaliza desaparece


Dáme a impresión de que todo o relacionado co galego está de capa caída e así vén a sumarse a pronta desaparición de blogaliza. O día 25 de abril elimina os contidos así que se tés un blogo ou sabes de alguén que o teña en blogaliza xa podes migrar para outra plataforma. Eu tiña este blogo de blogspot copiado en blogaliza pero entre onte e hoxe tiven que copiar o que tiña para canalblog. Esta plataforma está en francés pero é gratuita e doada de usar. Máis vale así que non eliminado. Ou sexa que:

Abur " Asegurándome de non perder ".

Ola " Para non esquecer ".

E que non sexa o un de abril para o blogo e vaia a onde non tiña que ir.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 01/04/18, 23:28 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Son os tempos que corren. Pero seguiremos aquí ou subidos a unha pena, berrando na lingua na que un día aprendemos a comunicar.
Apertas

 
Ás 04/04/18, 23:48 , Blogger Raposo dixo...

Unha mágoa, malos tempos para o galego.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio