leoeosseus

domingo, 3 de xuño de 2018

Alá quedou maio


Maio marchou coa súa feira do libro en Vilaguindastre e onde Ledicia Costas me asinou libros e dixo que o seu preferido era " Un animal chamado néboa  ". Ledicia mostrou humor cando asinou nunha pelota dun neno que lle dixo que non trouxera ningún libro.
Xela mais eu fomos ata o instituto veciño mirar a obra de teatro " Estes zocos non son para min " de Raquel Castro que é unha versión simpática e feminista da Borrallenta.



No cole houbo o festival fin de curso coa actuación musical de Uxía e Magín Blanco. Os nenos fixeron coreografías das súas cancións.




E xa rematando miramos " Muiñada " unha obra de teatro onde se reviven os tempos aqueles onde se ía moer millo aos muiños e as parellas namoraban cos contos e bailes. A obra de Ana Carreiras ten un texto rico en refráns e ditos que se van perdendo.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 03/06/18, 16:23 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Foi animado o fim de Maio. E já estamos em Junho que se quer seja feliz para toda a humanidade.
Um abraço e bom domingo

 
Ás 03/06/18, 20:53 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Pois si que rematastes un maio moi cultural. Chamoume especialmente a atención o do cole que puido levar a Uxía. Que nivelazo!
Apertas desde o medio e medio do país

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio