leoeosseus

domingo, 30 de setembro de 2018

Doce anos ( e mais tres días )


E vai unha ducia !. Quen o diría !. O Leo xa é un mociño que vai ao instituto e que xoga ao fútbol e quere ser youtuber e comentar xogos ou partidos. Segue a ser un neno responsable cos deberes e que non entende aos nenos que se portan mal e que aínda se gaban diso.
Tivo a festa na escola vella coma o ano pasado e xogaron ao fútbol e con globos de auga que aínda fai calor. De agasallo quere un xogo da play e un mando pero tamén recibiu algún libro e algunha roupa.
Estamos contentos co el.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 30/09/18, 23:49 , Blogger Alís dixo...

Parabéns para Leo!!! E para os pais. Creo que non hai maior motivo de orgullo, dígoo como nai, que acompañar a formar boas persoas. Terá a quén sair...

Bicos

 
Ás 01/10/18, 01:18 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parabéns. Parece que ainda outro dia nasceu. E já lá vão 12 anos.
Longa e feliz seja a sua vida.
Um abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio