leoeosseus

luns, 24 de setembro de 2018

Octoséximo sétimo mes


Xela nestes días está na súa salsa. Estamos en festas e quere montar nos coches de choque, no WipeOut e outras trangalladas como xogar ao xoquei de aire, comer churros de chocolate, piar por pistolas de pompas ou pescar parrulos como fai na foto. Dábanlle de premio xogos de maquillaxe ou monecas pero ela quere un xoguete para nenos e colleu un Talking Tom.
Conduce mui ben nos coches de choque e pega chimpos incribles no WipeOut e iso que segue a alimentarse de aire.
Nela miro o éxito da especie humana que con apenas comida pode facer de todo.
E así andamos !.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 24/09/18, 18:55 , Blogger Alís dixo...

Xela é muller dos novos tempos, e Talking Tom é moito máis divertido que os xogos de maquillaxe.

Sinto envexa dos días que está a vivir Xela. Eu tomé preferiría esas actividades

Unha aperta

 
Ás 24/09/18, 21:54 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

A vida evolui e Xela acompanha a evolução.
Um abraço e uma boa semana

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio