Folklore e teatro
Hoxe había o mal chamado I Festival Internacional de Folklore e non fun. Digo mal chamado porque en xullo de 2009 houbo un Festival Folklórico Internacional con representación polaca, mexicana e galega.
Si fun ao teatro que representaban a obra " Rutina " onde un matrimonio pasa o tempo botando en cara un ao outro o desastre da rutina na súa vida e os malentendidos e rematan sendo uns velliños que lembran con nostalxia aqueles tempos rutineiros.
Non estivo mal pero preferín " A compañeira de piso " que mirei en setembro. Dúas actrices profesionais poñen en escea unha comedia onde unha muller tradicional de Ohio recibe na casa a unha inquilina neoiorquina cunha vida complexa e emocionante. A caseira remata sendo máis arriscada ca inquilina.
Etiquetas: curiosidades XX, etnografía IX
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio