Enmascarados
Nestes tempos revoltos a xente busca defensas contra ese macaco revirado que deixa todo patas arriba. As máscaras, gafas, luvas e pantallas son produtos máis que buscados, así como desinfectantes e produtos de limpeza. Anta a escaseza de máscaras a xente busca solucións caseiras e aquí estou eu cunha feita por Naideleo que é ben xeitosa cunha abertura onde se mete un filtro de papel de cociña. Non sei se será mui eficaz ( ninguén o sabe ) pero síntome seguro co ela.
De cada vez máis xente usa alguna protección menos os taxistas que están en curro catro ou cinco coma se non pasase nada.
E logo está o outro extremo de xente que leva a máscara e evita o contacto e, incongruentemente, logo a saca para fumar !. Tamén hai xente que me parece que leva as medidas a extremos absurdos como un que está todo o tempo co ela posta no traballo e como escapando da xente e logo no comedor séntase cos demais e tira a máscara coma se nada.
Ante tanta incerteza hai que tirar do sentidiño e o que teña de ser será.
Etiquetas: covid-19 I, traballo VI
1 comentarios:
Há gente que usa a máscara, mas que está sempre num sobe e desce que mais valia não usar nada.
Proteja-se e proteja os seus meu amigo que o tempo não está para brincadeiras.
Abraço e uma boa semana
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio