Calor de Rossby
Volvemos estar confinados, si. Esta calor producida polas ondas atmosféricas de Rossby é o que teñen. Pola noite no choio non baixa de trinta grados e se me arrimo ao penso son cincuenta grados. E a calor esaxerada cos cascos para o ruido e a máscara que un compañeiro se puxo insistente niso dende que tivo a sogra con febre. Por certo, a empresa reparte máscaras e un botiño de hidroalcol para a familia dos empregados.
Polo día fixo unha calor que aplatanaba e non me puiden deitar a durmir a sesta. Agora estase anubando o ceo e vou aproveitar para pasear a cadela e a ver se me deito antes de ir traballar pola noite.
Iso si, o paseo vai ser curto e non chegarei onde estaba esta flor da foto.
Etiquetas: covid-19 III, natureza X, traballo VI
1 comentarios:
Infelizmente este calor maluco torna as máscaras quase insuportáveis.
Abraço e saúde
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio