Centésimo sétimo mes
Estamos a un mes de facer o noveno aniversario da xoubiña. Ela tira para adiante comendo pouco e lidando muito. Polas mañás dorme bastante, logo almorza e mira a clase na tele ou fai deberes. As tardes téñenas libres así que xoga cos aparellos ou con Leo ou coa cadela. Ben, ten algunhas clases pola tarde por vídeoconferencia: inglés, guitarra e piano. Á tardiña pola fresca damos unha volta coa bici e para a casiña.
Ao primeiro tiña medo a saír da casa e quería máscara. Agora xa sai tranquila. Ten medo aos bechos e ás enfermidades e onte mirando un documental de Xapón tiña medo das radiacións e os maremotos. Tampouco lle gustou a vida que levan en Tokyo que traballan muito, teñen que alugar un amigo ou mercar un robot e non son felices.
E así vai: formando esa personalidade forte que ten cun corazón grande e amante dos mecos.
Etiquetas: xela X
1 comentarios:
Guapa! Que siga forte e que comprenda que os medos hai que domalos para que non entorpezan a vida.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio